CONTACTA CON NÓS

CONTACTA EN: unhagrandechea@gmail.com Envíanos as túas suxestións

martes, 30 de enero de 2018

NOITES MOUCHAS FAINOS ESTA PROPOSTA

Enterástesvos da polémica de Noites Mouchas, tendes a súa versión dos feitos na súa páxina en facebook, e a do concelleiro de xuventude neste artigo do Faro de Vigo.

Noites Mouchas propón que enviedes unha mensaxe á páxina do Concello de Cambados en facebook  con estas sinxelas preguntas:

“As Noites Mouchas foron fai un ano unha das apostas máis importantes do Concello de Cambados na área de xuventude. Como participante nestas actividades gustaríame que me responderan ao seguinte: ¿Vaise volver repetir este ano ou se vai a copiar e facer algo igual con outro nome? ¿Vaise ter en conta a opinión da xuventude de Cambados ou o que decida o concelleiro? ¿Vaise escoller a idea orixinal de Noites Mouchas feita por mozos de Cambados ou se vai a copiar esta iniciativa por unha empresa de fóra? ¿Cómo se vai a apoiar a Xuventude de Cambados se nin se quere se cree neles cando fan un proxecto que resultou ser un éxito?” 

A ver que vos contestan. Píden que publiquedes a contestación (se hai) no seu facebook (O de NM).

lunes, 15 de enero de 2018

ESTREAMOS A CAIXA DE SUXESTIÓNS

A mestra do Asorey, Maribel Iglesias, fainos chegar esta foto da rúa Vicente Risco (o Piollo) e pide que:

O Concello de Cambados inste á compañía de luz a retranquear ese poste que invade a rúa


Xa vos diremos se o Concello atende a petición

sábado, 13 de enero de 2018

CAIXA DE SUXESTIÓNS

Tés o noso enderezo para enviarnos suxestións ao goberno municipal de Cambados. E aquí publicarémolas.

unhagrandechea@gmail.com