CONTACTA CON NÓS

CONTACTA EN: unhagrandechea@gmail.com Envíanos as túas suxestións

domingo, 4 de marzo de 2018

MELLORAR O ACCESO EN CASTRELO Á FUNDACIÓN MANOLO PAZ

Un veciño pídenos que difundamos as fotos do acceso á Fundación Manolo Paz

A fundación é un referente cultural no noso Concello, acuden en autocar moitos escolares e turistas e non estaría mal que se lle dera un repaso, con vistas á temporada de verán.  O pavimento que tén arrastrao a chuvia facilmente, sobre todo os tramos en pendente. Habería que buscar unha solución que non interfira coa lexislación de medioambiente que afecta a esta zona


Aquí empeza a pista que leva á Fundación, nas proximidades da bodega de Condes de Albarei e  pola que poden entrar autobuses. Vese ben como se estreita considerablemente e o firme está deteriorado. Tampouco o cartel de Fundación está moi visible (anque esto depende da Fundación supoño)


Máis adiante remata o asfalto, o material é menos consistente a as chuvias arrástrano





 Dito queda
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario